OPOSICIÓNS 2022 estabilización - Oferta de Emprego Público


30 Mai, 2022

DOGDECRETO 80/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público, relativa ás disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, é de 1156.

O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público, relativa ao artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, unha vez excluídas as prazas que corresponde convocar polo artigo anterior deste decreto, é de 125.

Taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá as prazas de natureza estrutural que, estean ou non dentro das relacións de postos de traballo, cadros de persoal ou outra forma de organización de recursos humanos que estean previstas nas distintas administracións públicas e estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas, de forma temporal e ininterrompidamente, polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020, e que as ofertas de emprego que articulen estes procesos de estabilización deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais con anterioridade ao 1 de xuño de 2022.

A disposición adicional sexta da citada lei establece unha convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración, mediante o sistema de concurso, daquelas prazas que, reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. De conformidade coa disposición adicional oitava, a estas prazas engadiranse as prazas vacantes de natureza estrutural ocupadas de forma temporal por persoal cunha relación, desta natureza, anterior ao 1 de xaneiro de 2016.

 

>> Distribución, presentada pola Consellería a 22/4/22, da oferta de prazas entre os diferentes corpos e especialidades para o proceso de estabilización docente 22/23