MEFP - Convocatoria de prazas para cursos de verán de formación permanente do profesorado


19 Mai, 2022

WEBResolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan prazas para a realización de cursos de verán para a formación permanente do profesorado que exerce en niveis anteriores ao universitario, en convenio coa Universidade Nacional de Educación a Distancia e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Os cursos teñen unha duración de 60 horas, distribuídas en dúas fases:

- Unha presencial, de 30 horas, que se desenvolve durante unha semana de xullo nas cidades de Cádiz, Mérida, Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife, Santander e Valencia.

- Outra en rede, de 30 horas, para a posta en práctica na aula, que se desenvolve entre os meses de setembro e decembro de 2022.

- Requisitos específicos: pertencer ao grupo ao que vai dirixido o curso que se solicita.

Pontevedra: "Didáctica de proximidad en infantil: la fuerza de lo cercano" (do 4 ao 8 de xullo)

Pontevedra: "El arte como recurso educativo" (do 11 ao 15 de xullo)