PRAZO do 15 ao 31 de maio
De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos diferentes corpos, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo, o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)
Lembramos que é VOLUNTARIO e so podería facelo aquel persoal INTERINO/SUBSTITUTO QUE SE ENCONTRE NALGUNHA DAS CAUSAS RECOLLIDAS no Acordo de interinos que lle permite renunciar a traballar.
A non participación no CADP implica non ser chamado tampouco para substitucións a longo do vindeiro curso 22/23.
>> Para calquera aclaración ou axuda para facelo, podes contactar con nós polas canles a túa disposición.