Cursos de formación do profesorado que imparte en Formación Profesional


10 Mai, 2022

BOE - Resolución do 5 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan prazas para cursos de formación do profesorado que imparte ensinos de Formación Profesional.

Os interesados que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria deberán solicitalo mediante o formulario electrónico dispoñible por Internet na dirección https://sede. educacion. gob.es/, que poderá ser localizado introducindo o nome da convocatoria na sección «buscar trámites». Na devandita solicitude poderase elixir un máximo de tres cursos de entre os establecidos no punto 3.2 desta convocatoria.

Os cursos de formación realizaranse en modalidade a distancia, cunha duración total de 70 horas e cun número máximo de 100 alumnos para cada un.

prazo de presentación será desde o día seguinte á publicación en BOE desta Resolución ata o día 22 de maio de 2022. 

A información sobre esta convocatoria atoparase ao dispor dos interesados na sede electrónica situada en https://sede. educacion. gob.es e en http:// www.todofp.es.

Aos profesores e profesoras participantes expediráselles, unha vez finalizados os mesmos, un certificado polo número de horas de formación correspondentes a cada curso de formación de formadores que se realizou con avaliación positiva.