CELGA - datas das probas para a obtención dos certificados de lingua galega


04 Mai, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022, que foron convocadas mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022 (código de procedemento PL500C).

Os centros e os horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias)

Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

28 de maio de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

29 de maio de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.

Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

4 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.

Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

5 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.

Celga 1, en Santiago de Compostela:

11 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.