Prazo de 2 ao 13 de maio de 2022.
A Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 44, do 2 de marzo), que establece no seu artigo 3.1 «suspéndese, para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación desta lei, a convocatoria, a concesión ou o aboamento de calquera axuda derivada do concepto de acción social, así como calquera outra que teña a mesma natureza ou finalidade, agás a axuda por persoa con discapacidade, que non poderá ser superior á contía de 180 euros mensuais por cada persoa, namentres estea en vigor esta lei».
ANPE solicita para todo o persoal docente a restitución de este tipo de axuda, eliminada "temporalmente" dende o 2012.
Canto máis imos ter que agardar? Levamos 10 anos coas medidas temporais!
Restitución dos dereitos perdidos xa!!!