O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 23 de maio, ambos os dous incluídos.
As solicitudes formalizaranse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia.