Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no programa de ensinanzas plurilingües na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria para o curso 2022/23.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2022 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os centros que desexen impartir o programa de plurilingüismo deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos
Máis información en: