- A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.gal/cxt (anexo III.
Efectuárase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.
- O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
- Requisitos:
a) Ser persoal funcionario de carreira, incluído o corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional.
b) Ter unha antigüidade de, polo menos, cinco anos como persoal funcionario.
c) Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de, polo menos, cinco anos.
d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da consellería de Cultura, Educación e Universidade e depender organicamente desta. Tamén poderán presentarse aquelas persoas en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares ou en excedencia voluntaria, sempre que se estivese nunha destas situacións por resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en 1 de xullo de 2022 se reúnan os requisitos para reingresar no servizo activo.
e) Posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva impartido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polas Administracións educativas das restantes comunidades autónomas, con validez en todo o territorio nacional.
Estarán exentas de acreditar a superación deste programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva as persoas que acrediten unha experiencia de, polo menos, catro anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos con avaliación positiva do seu traballo.
f) Presentar un proxecto de dirección