Anexo I: Adxudicación destino definitivo ao persoal funcionario docente do corpo de MESTRES
Anexo III: Situación de expectativa de destino ao persoal funcionario do corpo de mestres
Anexo IV: Situación de expectativa de destino ao persoal funcionario do corpo de secundaria e outros
Anexo V: Relación definitiva de persoas excluídas
Resolución pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados (pendente de publicar no DOG)
Unha vez publicada a dita resolución no Diario Oficial de Galicia, o persoal interesado poderá interpoñer, por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada), un recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes a contar dende o día seguinte á dita publicación, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para os efectos de interpoñer o recurso de reposición, a persoa interesada deberá proceder do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada
2.- Autenticarse co seu usuario e contrasinal
3.- Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso de traslados (código de procedemento ED012A/2021) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”
4.- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”. O recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.