As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A tramitación do pagamento da taxa poderá efectuarse por vía telemática ou presencial. Se se tramita de modo telemático, accederase á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/)
Os códigos que deben cubrirse son:
Consellería: Cultura, Educación e Universidade. Código: 07.
Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.
Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.
Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e xuño de 2022.