Mesa Sectorial - anteproxecto decreto currículo da educación Infantil


09 Mar, 2022

WEB - RESUMO DA MESA SECTORIAL completo

2º PUNTO DA ORDE DO DÍA: ROGOS E PREGUNTAS.

Denunciar a non cobertura de baixas e substitucións en centros educativos; vacantes que colgan os centros educativos e que desaparecen da aplicación. Hai un compromiso do Conselleiro de Educación de cubrir todas as baixas “COVID”  de xeito inmediato que non se está a cumprir. A COVID sigue a estar presente nas aulas.
Demandamos a redución de rateos en todas as etapas educativas e a restitución do horario lectivo de 21 horas en educación primaria e de 18 no resto de etapas.
Solicitamos unha adaptación e adecuación á situación actual das dietas por quilometraxe que paga a Administración Educativa tendo en conta a alza dos prezos do combustible.
• Solicitamos unha publicación inmediata de aclaracións sobre a inclusión ou non de aspectos relativos á situación COVID para as programacións didácticas dos procesos selectivos
.
• Demandamos que a Orde de elección de dirección dos centros educativos se traia á mesa con tempo e poder recoller que as persoas que fan o curso de dirección do INTEF, que finalizan o 15 de xuño, poidan usar ese curso para poder presentarse á elección. Noutras Comunidades Autónomas o requisito do curso de formación debe presentarse antes do nomeamento. A Administración estudará esta proposta.
• Denunciar a falta de información sobre o traslado de ensinanzas en certos centros educativos que van ser transformados en CIFP. A Administración resposta que, de momento, estase a recoller información para ver o que se pode facer e onde. A intención é crear un CIFP en Vilagarcía. Non se contempla a transformación do Frei Sarmiento de Teis de xeito inmediato aínda que si vai a ser CIFP.
Solicitamos que se aborde a carga de traballo e o establecemento de distintas compensacións (administrativas, económicas ou de outra índole) para as TITORES/AS, especialmente para os corpos de secundaria. A Administración resposta que serán cuestións que se abordarán nos ROCs que xa están moi avanzados aínda que, agora mesmo, a Administración está priorizando a elaboración dos currículos.
Solicitamos que se presenten ás OOSS as posibles prazas de estabilización que a Administración se comprometeu a entregar a finais do mes de Febreiro. É urxente unha reunión previa á presentación de ditas prazas para poder facer un estudo pormenorizado das propostas presentas pola Administración.
• Solicitamos que se traían os ROCs que están pendentes de negociación.
Demandamos que a Administración faga unha previsión con tempo da situación actual das listas de substitución para poder permitir ao máximo posible a concesión de licenzas por asuntos propios.
Solicitamos unha reunión urxente con Persoal para abordar as novas xudiciais sobre a recente publicación do Incidente de Execución da Sala en relación ao proceso de Cátedras de Música.
• Demandamos un acordo de medidas de apoio á natalidade na nosa Comunidade Autónoma.
• Demandamos que todas as certificacións das probas libres das EOI se fagan na mesma data. Non é admisible que, en función da EOI na que se realizasen ditas probas, un aspirante aos procesos selectivos conte coa baremación do título correspondente e outro, que a realizou o mesmo ano e na mesma data, non poida ter dita puntuación. A Administración resposta que houbo
problemas por falta de profesorado e por verse desbordadas as previsións da Consellería respecto ao número de persoas que se ían presentar no caso de galego e inglés e que haberá que estudar posibles solucións para o futuro.

 

03/03/2022 - Convocatoria de Mesa Sectorial o mércores 9 de marzo para tratar o Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Rogos e preguntas

Calquera aportación, podedes enviala por correo electrónico a galicia@anpe.es antes do martes, 8 de marzo.