Proba para a obtención de título de bacharel para maiores de 20 anos


25 Feb, 2022

DOG - RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022.
2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.
3. As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe e en calquera dos lugares e rexistros es- tablecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2022