Avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade


22 Feb, 2022

DOG - RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2021/22, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2022/23

A ABAU terá unha duración de tres días.

O alumnado e, se é o caso, os pais, as nais ou os titores/as legais poderán solicitar ante a presidencia do tribunal cualificador a revisión da cualificación obtida nunha ou varias das probas que compoñen a avaliación. O prazo de presentación destas solicitudes será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións.

O alumnado e, se é o caso, os pais, nais ou titores legais terán dereito a ver as probas revisadas unha vez finalizado o proceso de revisión, no prazo de dez días desde a notificación da resolución de revisión e segundo os termos do artigo 15.5 da Orde do 24 de marzo de 2011.

Unha vez finalizado na súa totalidade o procedemento de revisión establecido, adoptarase a resolución que estableza as cualificacións definitivas e seralle notificada ás persoas reclamantes. Segundo o disposto no artigo 15.6 da Orde do 24 de marzo de 2011, contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CiUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto