FP - Convocatoria de probas para carnés e habilitacións profesionais


15 Feb, 2022

DOGORDE do 7 de febreiro de 2022 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2022 (código de procedemento ED527A).

As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante solicitude, segundo o modelo que figura no anexo I (código de procedemento ED527A) desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Xunto coa solicitude deberase presentar xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas (importe de 41,59 euros), validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

Prazo de presentación de solicitudes

1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de febreiro ao día 8 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 20 de xuño ao día 4 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.