CXT 21/22 - Resolución provisional do Concurso específico de Orientación


15 Feb, 2022

WEB - Resolución provisional do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación de educación infantil e primaria, de ed. primaria e de ed. especial

Resolución do 14 de febreiro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

O persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 1 de marzo de 2022, ambos incluídos.

Adxudicación provisional

Relación provisional de persoas excluídas

Para formular reclamacións ou renuncias deberá proceder do seguinte xeito:

1.- Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.- Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" ou premer no botón "Renunciar" e seguir as instrucións da páxina de inicio.