Cursos de lingua galega preparatorios para os CELGA


14 Feb, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Anexos I (cursos presenciais) e II (cursos en liña).

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición.

Todos os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30, agás os cursos do Celga 1, que terán un número máximo de 50 participantes.

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos pre- senciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves.

A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga)

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, todas as persoas intere- sadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cul- tura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.