Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na lista de LINGUA e LIT. GALEGA


10 Feb, 2022

WEB - Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de lingua e literatura galega do corpo de profesores de ensino secundario (590053)

Resolución do 10 de febreiro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de lingua e literatura galega do corpo de profesores de ensino secundario (590053).

As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.

Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (esp. 590053)

Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (esp. 590053)

Anexo I

Listas de substitucións