Na páxina 52330, no artigo 61.5.a), onde di: «a) Ter cursado o segundo curso da edu- cación secundaria obrigatoria, non estar en condicións de acadar a promoción a terceiro e ter repetido unha vez na educación básica», debe dicir: «a) Ter cursado o segundo curso da educación secundaria obrigatoria e non estar en condicións de acadar a promoción a terceiro».
Na páxina 52335, no artigo 62.2.h), onde di: «...a que se refire o punto 3 deste artigo», debe dicir: «...a que se refire o punto 4 deste artigo».
Na páxina 52338, no artigo 62.4.a), onde di: «Será destinatario desta atención educa- tiva virtual o alumnado vulnerable e o alumnado que por ter familiares conviventes vulne- rables non acuda ao centro docente como consecuencia dunha emerxencia sanitaria e para o cal as comisións provinciais de seguimento...», debe dicir: «Será destinatario desta atención educativa virtual o alumnado vulnerable a que se refire o punto 2 deste artigo e o alumnado que por ter familiares conviventes vulnerables non acuda ao centro docente como consecuencia dunha emerxencia sanitaria e para o cal as comisións provinciais de seguimento...».