OPOSICIÓNS 2022 - Orde de convocatoria dos procesos selectivos


31 Xan, 2022

DOGORDE do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores de escola oficial de idiomas e ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira  da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.gal/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

LIGAZÓN ao VIDEOTITORIAL  da inscrición

Na solicitude consignarase o código do corpo e, se é o caso, da especialidade que figuran nas bases desta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Os códigos do pagamento que se deben empregar son os seguintes:

Consellería de Cultura, Educación e Universidade: código 07.

Delegación de Servizos Centrais: código 13.

Servizo de Secretaría Xeral: código 01.

Taxa denominación: inscrición nos procesos de selección de persoal de Administración xeral da Comunidade Autónoma: código 300302.

Mestres: 38,02 €.

Resto de corpos: 44,17€

RECORDAMOS TER ACTUALIZADA A CHAVE 365, de tela caducada, podes acudir ao  centro de saúde onde a fixeche a primeira vez ou solicitar cita previa nos rexistros da Xunta: LIGAZÓN

Disposición derradeira primeira. Recursos
De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.