O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á taxa de reposición é de 927.
- Corpo de mestres: 298.
- Corpo de profesores de ensino secundario: 577.
- Corpo subgrupo A2 que teña as competencias para impartir módulos profesionais da formación profesional: 27.
- Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 25.
Ademais das prazas de reposición de efectivos a que se fai referencia nos artigos 2 e 3 deste decreto, ofertaranse as seguintes prazas de promoción interna:
- Acceso ao corpo de inspectores de educación: 10.
- Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario: 87.
Reserva para persoas con discapacidade: do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha cota do 7 % do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.