Confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica


20 Xan, 2022

DOG ORDE do 19 de xaneiro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022.

A disposición derradeira terceira da Lei 17/2021 establece a súa entrada en vigor o día 1 de xaneiro de 2022. Polo tanto, esta orde recolle a variación nas condicións retributivas que se establecen nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, na contía do 2 % con efectos do 1 de xaneiro de 2022.

As contías das retribucións do persoal docente non universitario, establecidas polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 e do 23 de xaneiro de 1992, do 27 de xullo de 2006, do 13 de setembro de 2018 e polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, son as que se reflicten no anexo V desta orde. Así mesmo, mediante o Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo V.

De igual maneira e con respecto ás pagas extraordinarias deste persoal, seralles de aplicación o establecido no punto tres desta instrución.