O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 21 de febreiro de 2022 ata o día 21 do mes de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
1. Modalidade 1: integración. Itinerario formativo en tres fases.
2. Modalidade 2: curso no estranxeiro. Itinerario formativo en dúas fases.
Todo o profesorado deberá asinar o anexo V, co visto e prace da dirección do centro educativo, comprometéndose a promover a creación ou o mantemento do programa de centros plurilingües ou seccións bilingües no seu centro de destino e a impartir a súa materia na lingua correspondente.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.