MUFACE - prazo para cambio ordinario de entidad sanitaria


03 Xan, 2022

WEB - MUFACE abre o único prazo ordinario para que o persoal funcionario de carreira ou en prácticas poda cambiar de entidade sanitaria durante este mes de xaneiro

O concerto entre MUFACE e as entidades de seguro de asistencia sanitaria para 2022 establece que, os mutualistas e beneficiarios con documento asimilado ao de afiliación, que estean adscritos ao INSS (Sistema Sanitario Público) ou ás Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria (ADESLAS, ASISA e DKV), só poderán solicitar cambio ordinario de entidade médica durante o mes de xaneiro.

 É importante antes de tomar esta decisión, comprobar os servizos das entidades, xa que puideron variar. Pódense consultar nos Catálogos, das entidades, dentro da sección Atopa o teu Médico da web de MUFACE.

Como solicitar dito cambio?

Debido ás restricións de aforo nas oficinas de MUFACE, a solicitude de cambio de entidade, deberá realizarse ben pola sede electrónica con Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico, ou descargando a solicitude (solicitude en PDF) e enviándoa por correo postal á oficina que lle corresponda. Se non puidese presentala por ningunha destas vías, sería necesario pedir cita previa.

En caso de ter que realizar algunha consulta, poderase facer por teléfono ou correo electrónico ao Servizo Provincial correspondente: Buscador de oficinas de MUFACE, ou utilizando o formulario telemático da Oficina de Información ao Mutualista ou desde a aplicación para dispositivos móbiles.

Este novo Concerto, cuxa entrada en vigor terá lugar o mesmo 1 de xaneiro de 2022, contempla como principal novidade neste aspecto a volta ao período único de cambio de entidade, quedando suprimida a permuta de xuño, tal como permitía o Concerto 2021-2022. A posibilidade de cambio extraordinario polas causas taxadas previstas no Concerto continuará nas mesmas condicións, coa mesma regulación, tal e como aparece na información da web de MUFACE.