WEB - ANPE reclama ante a Consellería a cobertura de todas as substitucións pendentes nos centros educativos.
Dende ANPE seguimos presionando á Consellería para que se cubran todas as substitucións mais ainda cando o profesorado está sendo citado masivamente para a vacina de reforzo dende hoxe.
É inadmisible e inxustificable que o alumnado estea días e días sen profesorado estable nas aulas!!
ANPE manifesta o seu total rexeitamento a unha decisión unilateral da Consellería que so respondería a criterios meramente economicistas que irían en detrimento da calidade educativa do ensino público de Galicia, pois o alumnado quedaría sen o docente correspondente no que queda de trimestre. A isto engádese que seguimos nun contexto de pandemia, cun protocolo de actuación para centros de ensino non universitario, aprobado pola propia Consellería, que mantén o concepto de «grupos de convivencia estable» para a educación infantil e primaria; polo tanto, en determinados centros resultaría moi complexo realizar as gardas por ausencia de profesorado cumprindo escrupulosamente o recollido no protocolo.