CXT 21/22 - Concurso de traslados específico de ORIENTACIÓN Mestres


15 Nov, 2021

DOG ORDE do 5 de novembro de 2021 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4 (Celga 4), ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ou ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da Escola Oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro ou o nivel Intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superasen a proba de coñecemento da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres.

Acceso ao CONCURSO: http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. (código de procedemento ED013A). 

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.