ANPE por un bo uso do móvil e as redes sociais nos centros educativos


04 Nov, 2021

WEB - 4 de outubro. Día internacional contra a violencia e o acoso escolar,

ANPE destaca o seu compromiso firme pola mellora da convivencia nos centros educativos.

A proliferación do mal uso das redes sociais e dos grupos de mensaxería está cada vez máis presente na nosa sociedade, sendo reflexo directo do que está a ocorrer en moitos centros educativos. Ante esta situación, ANPE pon en marcha unha campaña sobre o bo uso do móbil e as redes sociais en centros educativos dirixida fundamentalmente ao alumnado de Ensino Secundario, Formación Profesional e Bacharelato.

Nesta campaña alértase da importancia de non utilizar o móbil en clase, excepto cando así o requira o profesor/a como recurso educativo; dos perigos de difundir imaxes íntimas ou ofensivas, insultar ou difamar por estes medios; a importancia de denunciar situacións de acoso ou violencia escolar; ser crítico e reflexivo; respectar as diferenzas; a tolerancia cero ante o acoso e violencia escolar; ou dedicar máis tempo ás relacións sociais e menos ao móbil, entre outros consellos.

Asi mesmo, relanzamos outra campaña: un decálogo de boas prácticas dos grupos de WhatsApp de pais e nais nos centros de Infantil e Primaria.

ANPE ten un compromiso firme coa convivencia escolar, requisito fundamental do proceso de ensino e aprendizaxe, que ten como piares o respecto, a non violencia, a tolerancia e o benestar emocional de toda a comunidade educativa para alcanzar o éxito educativo.

ANPE, sindicato exclusivo de docentes de ensino público, seguirá denunciando esta secuela de violencia e acoso escolar nos centros, apostando polas boas prácticas educativas en prol da convivencia escolar, e solicita a cooperación do alumnado, familias, administración, e todos aqueles que participan do proceso educativo, para xerar un ambiente propicio para unha educación de calidade.

POSTER ALUMNADO

POSTER PAIS/NAIS