- Resolución do 29 de outubro de 2021
As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/