CELGAS - Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega


27 Out, 2021

DOG RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021 (código de procedemento PL500C).

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

20 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.

21 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

27 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

28 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias). Así mesmo, na web tamén se publicará a porta de acceso ao centro e mais a aula que lle corresponde a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás que, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula correspondentes.