Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2021-2022


22 Out, 2021

WEB - Convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2021-2022 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Prazo da 1ª fase ata o 3 de novembro e 2ª fase ata o 17 de novembro.

- Esta modalidade de formación desenvólvese nos propios centros educativos, favorece e estimula o traballo en equipo do profesorado e propicia a innovación, a mellora da práctica docente e a actualización científico-técnica, de modo que incida na mellora da educación.

  1. Innovación tecnolóxica e científica
  2. Innovación didáctica
  3. Actualización da competencia dixital docente
  4. Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial
  5. Orientación profesional, xestión do talento e emprendemento
  6. Plurilingüismo na formación profesional
  7. Atención á diversidade, convivencia, equidade e igualdade de xénero nas ensinanzas de FP
  8. Organización e xestión
  9. Actualización científica e didáctica do profesorado de formación profesional

- Poderá participar nesta convocatoria o profesorado que teña atribución docente nas ensinanzas de formación profesional, ou que exerza a xefatura dos departamentos de Orientación ou de Información e Orientación Profesional, e que estea destinado nalgún centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou noutros pero que forme parte do cadro de persoal desta consellería.

Convocatoria dos proxectos de formación

Modelos de documentación relacionada cos proxectos de formación

Anexo I, II, III

Anexo IV. Declaración responsable