Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización FP deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesadas na aplicación Xade seguindo o itinerario: <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum curso especialización FP>> e <<Voluntario para titorizar prácticum curso especialización FP>>.
Cada centro terá unha soa persoa coordinadora, que será a persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou, excepcionalmente, unha das persoas titoras de prácticas.
Ademais, a persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou da secretaría asinarán e remitirán ao enderezo formacion.fprofe@edu.xunta.es, unha listaxe coas persoas que participan, que poderán obter directamente da aplicación Xade.