CELGA - Probas para a obtención dos certificados de lingua galega


13 Set, 2021

DOG RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

O formulario de solicitude (PL500C) estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, ( do 14 de setembro ao 4 de outubro) que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Taxas de exame: 16,59€ 

Os códigos que deben cubrirse son:

Consellería: Cultura, Educación e Universidade. Código: 07.

Delegación: servizos centrais. Código: 13.

Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.