- Conceder as contías que se sinalan nos anexos I, II e III aos centros públicos incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2021/22, vistas as memorias de actividades levadas a cabo durante o devandito ano académico, así como as liñas prioritarias de actuación presentadas para o período 2021/22.
- Integrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2021/22, os 27 novos centros públicos seleccionados, que se relacionan no anexo IV.
- Os gastos realizados xustificaranse segundo o previsto no punto 1 do artigo 14 da Orde do 19 de abril de 2021, antes do 10 de xuño de 2022. Con ese mesmo límite de datas, deberá cubrirse un formulario web sobre distintos aspectos relacionados coa situación da biblioteca e as actividades desenvolvidas durante o curso 2021/22, segundo o previsto no artigo 14, punto 2, da orde de convocatoria do Plan de mellora. O acceso a este formulario web-memoria seralle remitido desde a unidade de seguimento do Plan de mellora (Asesoría de bibliotecas escolares) coa suficiente antelación.
- A participación do profesorado implicado neste programa de innovación educativa, en calidade de responsable da biblioteca escolar, con funcións de coordinación do equipo de apoio á biblioteca, e pola especial dedicación que require, recibirá unha certificación de innovación, equivalente a 30 horas de formación do profesorado por ano académico, ao abeiro do artigo 37 da Orde do 14 de maio de 2013, pola que se regulan a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado de Galicia.