Transformación de IES en CIFP e traslado de ensinanzas


02 Ago, 2021

DOG - ORDE do 26 de xullo de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 107/2021, do 1 de xullo, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional e se trasladan ensinanzas.

Primeiro. Cesamento nos institutos que se transforman en centros integrados de formación profesional e nos CEIP que se integran noutros centros

1. O persoal docente do corpo de mestres e dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, das especialidades comprendidas entre os códigos 590001 e 590061, ambas incluídas, agás a especialidade 590018 –Orientación Educativa– con destino definitivo nos institutos de educación secundaria Fraga do Eume de Pontedeume e Leixa de Ferrol, cesa nestes institutos con efectividade do 31 de agosto de 2021, sen prexuízo de permaneceren nel ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso académico 2020/21.

2. Exceptúase do establecido no punto anterior o persoal docente que poida continuar adscrito con carácter definitivo aos institutos de educación secundaria Fraga do Eume de Pontedeume e Leixa de Ferrol, como consecuencia das prazas que nestes centros se publican no anexo da presente orde.

3. O persoal docente do corpo de mestres con destino definitivo no CEIP Plurilingüe de Pino de Val do concello de Mazaricos e do CEIP de Baamonde do concello de Begonte cesa nestes centros con efectividade do 31 de agosto de 2021.

A prioridade do persoal docente para continuar adscrito con carácter definitivo no centro de procedencia, ou para adscribirse con carácter definitivo no centro receptor das ensinanzas ou para quedar suprimido ou desprazado por falta de horario virá determinada pola especialidade da praza de que é titular e, en segundo lugar, pola aplicación dos criterios establecidos no Decreto 140/2006, do 31 de agosto.