De acordo co establecido no punto 7º.4 de Resolución do 8 de xuño de 2021, faise pública a puntuación provisional obtida polas persoas candidatas, e ábrese un prazo de dez días hábiles (ata o 6 de agosto de 2021, incluído) contados a partir do día seguinte desta publicación no portal educativo, para presentar as reclamacións ou renuncias oportunas.
Tanto as reclamacións como as renuncias deberán enviarse á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, e presentaranseobrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).
No apartado ASUNTO RELACIONADO da solicitude indicarase, segundo proceda:
Reclamación licenza
Renuncia licenza