• As preinscricións realizaranse desde o 1 ao 14 de setembro.
• Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo establecido nesta resolución, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta e de acordo coas instrucións que figuran no anexo II.
O alumnado oficial do curso 2020/21 que desexe continuar estudos no curso 2021/22 no mesmo idioma e escola non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde a ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, de acordo coas instrucións que figuran no anexo III, e formalizar a matrícula nos prazos establecidos nesta resolución.
Período de matrícula ordinaria:
Do 1 ao 9 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2020/21 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021/22 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
Período de matrícula extraordinaria:
Do 9 ao 30 de setembro, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 9 e o 16 de setembro.
A aplicación de matrícula pechará o día 30 de setembro ás 12.00 horas do mediodía.
Do 1 ao 9 de setembro, segundo as necesidades de cada escola, poderase permitir a matrícula do alumnado apto en xuño que non formalizara a súa matrícula no prazo establecido.
Unha vez rematado o proceso de matrícula, e ata o día 8 de outubro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións do alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición, de acordo co procedemento que estableza cada centro. As escolas non poderán facer pública ningunha oferta de prazas vacantes mentres existan listaxes de espera.