Resolución de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística


01 Xul, 2021

WEB Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2020/2021

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionáronse cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

As palabras no Camiño II, do IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis)

Traballa cos teus soños, do CEIP do Carballal (Marín)

Ler e só o principio, do IES David Buján (Cambre)

Editorial: altofalante da palabra adxectivada, do CEIP Heroínas de Salvora (Ribeira)

Sonmonte, do IES Illa de Ons (Bueu)

Cada un deles recibirá unha dotación económica de 2.000 €.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos 5 proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.