O prazo para formular a solicitude, que se presentará do xeito que se establece no artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente, será de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.es/cadp e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018.
Aquelas persoas que estando obrigadas non presenten unha solicitude, entenderase que se acollen á validez da formulada para o curso académico 2018/19, 2019/20 ou 2020/21, de conformidade co establecido no artigo 21 da citada Orde do 7 de xuño de 2018.
As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única, cando proceda, e por especialidades e orde de prioridade publicaranse no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal/ o 7 de xullo de 2021. Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar, abrirase un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións.
>> Resolución Provisional para o CADP de Mestres: 27 de Xullo ( 2 días hábiles para reclamacións ou renuncias)
>> Resolución Definitiva para o CADP de Mestres: 2 de Agosto
>> Resolución Provisional para o CADP de Secundaria: 30 de Xullo ( ata o 2 de setembro para reclamacións ou renuncias)
>> Resolución Definitiva para o CADP de Secundaria: 9 de Setembro