Modalidades e destinatarios:
Modalidade centro: dirixida a centros docentes públicos dependentes desta consellería que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Modalidade docente: dirixida ao persoal docente funcionario de carreira que imparte ensinanzas en centros docentes públicos que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Categorías:
Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
Categoría B: centros públicos integrados e institutos de educación secundaria.
Premios e recoñecementos:
Na modalidade centro outorgaranse tres premios cos seguintes importes: 10.000 euros para o 1º premio, 6.000 euros para o 2º premio, 3.000 euros para o 3º premio. Os centros premiados nesta convocatoria recibirán ademais o distintivo de “Centro educativo Innovagal”.
Na modalidade docente outorgaranse oito premios dotados con 3.000 euros cada un e o profesorado premiado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 50 horas de formación permanente do profesorado.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 5 de outubro de 2021