Instrucións para os centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato


30 Xun, 2021

DOG - RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, regula en toda a súa extensión o sistema educativo, tendo como un dos principios fundamentais a equidade que garanta unha igualdade efectiva de oportunidades para todo o alumnado, que proporcione unha educación inclusiva tratando de conseguir que acaden o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, individuais e sociais, intelectuais, culturais e emocionais, para o que necesitan recibir unha educación de calidade adaptada ás súas necesidades.

O currículo na Comunidade Autónoma de Galicia para as etapas educativas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato está establecido respectivamente no Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os centros educativos cumprirán as medidas que se establezan no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia que estea vixente no curso 2021/22 co obxectivo de protexer e previr o máximo posible o risco de contaxio pola COVID-19