FP - Actualización da oferta de formación profesional


15 Xun, 2021

WEBActualización da información da oferta de formación profesional do sistema educativo de Galicia en ensinanzas sostidas con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para as persoas adultas.

Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

Nas seguintes ligazóns podes atopar para o curso 2021/2022 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, en ensinanzas sostidas con fondos públicos.

Nota: O número de prazas ofertadas por ciclo formativo podería sufrir algunha modificación.

- Oferta FP para o curso 21/22

Normativa de oferta de FP

- Proceso e o calendario de admisión en http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral