A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica cubrindo previamente os datos no sistema de información Acreditación (https://www.edu.xunta.gal/acreditacion), desde onde deberá xerarse o formulario normalizado que se presentará necesariamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Prazo - O procedemento manterase aberto con carácter permanente garantíndose o inicio deste para cada persoa solicitante de acordo cos prazos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo máximo para resolver será de seis meses desde que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia.