WEB - Ampliación do prazo de solicitude de participación (ata o 24 de setembro)
... A rede, no curso académico 2021/22, estará constituída por un máximo de 32 centros, nos que se inclúen todos os centros públicos de educación infantil e primaria e de educación secundaria. Cada centro que forme parte da rede constituirá a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO)
A persoa que vaia desempeñar estas funcións deberá posuír formación en mediación, habilidades sociais e educación emocional.
A persoa responsable das Unidades de Acompañamento e Orientación persoal e familiar terá dedicación completa e exclusiva para o desenvolvemento das súas funcións.
O exercicio das funcións da persoa responsable das Unidades de Acompañamento e Orientación persoal e familiar é incompatible co exercicio das funcións atribuídas a algún outro cargo ou órgano do centro.
A solicitude de participación será aprobada pola dirección do centro,e polo consello escolar, de acordo coas súas competencias e previa información ao claustro. As solicitudes remitiranse, correctamente asinadas, ao correo electrónico xsioe@edu.xunta.gal.
O prazo de solicitude rematará o día 17 de setembro de 2021.