Convocatoria de innovación educativa - Club de ciencia


14 Xun, 2021

WEB - Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2021/22

O prazo de presentación de solicitudes e documentación remata o 17 de setembro de 2021.

Resolución do 9 de xuño de 2021

Anexo

Cuarto. Solicitude e documentación.  Cada centro de nova incorporación ao “Club de Ciencias” deberá presentar a seguinte documentación:

- Anexo de solicitude

- Proxecto, onde se especifique:

- Persoa coordinadora do club de ciencia (nome, apelidos, especialidade e DNI)

- Profesorado participante (nome, apelidos, especialidade e DNI)

- Alumnado participante: ensinanza, nivel, número de alumnos e número de alumnas.

- Breve descrición do proxecto que se vai desenvolver no curso 2021/22 na que se indique:

•Propostas de traballo

•Previsión de horarios e lugares do desenvolvemento do club.Compre que a proposta teña en conta a posibilidade de desenvolver o proxecto através de estratexias versátiles que posibiliten a adaptación a distintos escenariosde aprendizaxe (presenciais e virtuais) de acordo co sinalado no apartado

  Certificado asinado pola persoa directora de que se informou ao Claustro e que se aprobou noConsello Escolar a participación neste programa.

Décimo terceiro. Certificación do profesorado participante

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade certificará, segundo a normativa vixente, a participación do profesorado no “Club de Ciencia” como actividade de innovación educativa previa avaliación positiva da memoria presentada, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

Décimo cuarto. Compromisos do centro e do profesorado participante

1. Os centros participantes no “Club de Ciencia” durante o curso 2021/22 colaborarán nas accións de difusión que se organicen, así como a cesión a favor da consellería dos dereitos de edición dos materiais educativos relacionados co desenvolvemento do programa no centro. Estes materiais difundiranse baixo a licenza “Creative Commons” que sexa BY-NC-SA que combine as propiedades “recoñecemento”-“noncomercial”-“compartir igual”.

2. O profesorado participante comprométese a participar na formación específica que se oferte durante ocurso 2021/22 e integraranse nun Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP).