Probas de nivel lingüístico para o alumnado de centros plurilingües


04 Xun, 2021

DOG - Resolución do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes desta consellería non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación da xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

Ambos documentos poderán ser xerados desde a aplicación e ser gardados no centro. Non deben entregar ningún documento.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de xuño de 2021 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os centros que desexen participar nesta convocatoria deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos