Universidade Autónoma de Barcelona (Universitat Autònoma de Barcelona)
Universidade de Kiel
(Christian-Albrechts-Universität zu Kiel)
Universidade de Leipzig
(Universität Leipzig)
University of Oxford (Reino Unido)
Univ. del País Vasco/Euskal Herriko Univertsitatea (España)
A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.
Requisitos de titulación e idade:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.
• Licenciatura en Filoloxía Galega.
• Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
• Grao en Lingua e Literatura Galegas.
• Grao en Estudos de Galego e Español.
• Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
b) Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de humanidades, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.