IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.
O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde é do 24 de maio de 2021 ao 4 de xuño de 2021, ambos incluÍdos.
Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.
Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade... Unha vez cubertos prema en “comezar solicitude”. Se participou en “cadp” recuperaralle a ultima solicitude que realizou. Lémbre que esta convocatoria é a primeira na que o procedemento se tramita integramente de xeito electrónico de modo que deberá completar toda a solicitude segundo se lle indica e finalizar a presentación da solicitude na sede electrónica.
En todo caso, as persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Informe actualizado do persoal médico de atención primaria e/ou especialista acreditativo da enfermidade/s alegada/s. Enténdese por informe actualizado o que estea emitido no ano no que se realiza a solicitude
- Copia da resolución administrativa de recoñecemento de grao de discapacidade do persoal docente solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, para aquelas circunstancias en que sexa de aplicación
No suposto de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde dunha persoa familiar achegarase ademais:
- Certificación literal ou copia do libro de familia actualizado
- Certificado de empadroamento colectivo da persoa solicitante
- Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia
- Anexo II: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas Lembre que deberá imprimir o anexo, cubrilo, asinalo e logo proceder a súa dixitalización para anexalo na sede electrónica)
ENLACE ao procedemento explicativo de solicitudes
No caso de que algún dos requisitos non figuren no seu expediente deberán enviar a documentación esixida antes de formular a solicitude de comisión de servizos aos enderezos de correo electrónico que se indican a continuación:
Enderezos de correo electrónico:
- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria @edu.xunta.gal
- Mestres: persoal.primaria @edu.xunta.gal
Teléfonos de información:
- Profesorado de secundaria: 981 54 54 06, 981 54 52 55.
- Mestres: 981 54 54 95, 881 99 58 87, 981 54 44 87, 881 99 58 88
Ligazón á normativa: Orde de 28 de febreiro de 2020 (DOG do 9 de marzo de 2020)
Para calquera DÚBIDA, CONTACTA con ANPE polos canles a túa disposición