IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.
O único prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida laboral e familiar é do 24 de maio de 2021 ao 4 de xuño de 2021, ambos incluídos.
>> Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.
Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade... Unha vez cubertos prema en “comezar solicitude”. Se participou en “cadp” recuperaralle a ultima solicitude que realizou.
En todo caso, as persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o caso:
No caso de embarazo, informe médico coa data probable de parto
- Certificación literal de nacemento ou copia do libro de familia actualizado
- Copia de sentenza xudicial pola que se establece a custodia compartida
- Copia da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou o acollemento permanente ou preadoptivo.
- Copia da resolución administrativa de acollemento permanente ou preadoptivo cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.
- Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% dos fillos ou fillas menores de doce anos, cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.
ENLACE ao procedemento explicativo de solicitudes (a metade de páxina)
Ligazón á normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)
Enderezos de correo electrónico:
- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria @edu.xunta.gal
- Mestres: persoal.primaria @edu.xunta.gal
Teléfonos de información:
- Profesorado de secundaria: 981 54 54 06, 981 54 52 55.
- Mestres: 981 54 54 95, 881 99 58 87, 981 54 44 87, 881 99 58 88
Para calquera dúbida, CONTACTADE con ANPE polos canles á vosa disposición