O prazo para formular solicitudes, por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, será de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal. No caso de optar pola presentación da solicitude e demais documentación nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a solicitude sexa datada e selada.
Resolución do 19 de maio de 2021
Importe e pagamento dos dereitos de inserción nas listas:
(Códigos: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, código 07
Delegación de Servizos Centrais, código 13
Servizo de Secretaría, código 01
taxa denominación, solicitude de inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na administración da Comunidade Autónoma: código 300301).
Os dereitos de inscrición nas listas serán de 18,04 euros
O pagamento da taxa poderá efectuarse por dous medios: - A través do impreso de autoliquidación en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia. - De forma telemática, no portal de Internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).