Admisión de alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño


19 Mai, 2021

DOGRESOLUCIÓN do 28 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021/22.

A inscrición para o acceso e a admisión farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telematicamente mediante a ligazón habilitada á aplicación CodexPro na páxina web da escola.

2. O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 23 de xuño para os ciclos de grao superior e ata o día 1 de setembro para os ciclos de grao medio. Para tal fin, as escolas de arte e superiores de deseño deberán expor nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web a seguinte información:

a) Normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Prazas que oferten nos diferentes ciclos que teñan autorizados.

c) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

d) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

3. Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto ou o acceso á aplicación informática CodexPro en que facer a inscrición. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na Secretaría da escola, ou no correo electrónico desta, á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda